DÍA DAS LETRAS GALEGAS
xoves, 21 de febreiro de 2019
sábado, 12 de maio de 2018
ANAGNÓRISE - A BANDA DA LOBA
" Con esta canción queremos compartir con vós o noso mundo, a nosa procura vital destes últimos meses e tamén homenaxear a María Victoria Moreno (Letras Galegas 2018), que nos inspirou coa súa novela Anagnórise para despregar as ás, voar, e contruír este universo."
luns, 7 de maio de 2018
CONTOS PARA NENOS E NENAS
Na aldea de Vilaxeada vive a señora Minia Senín, unha entrañabel velliña que devece polos aloumiños e agarimo das persoas que viven ao seu carón.
A señora Minia está tan triste que non pode parar de chorar, mais axudada polo seu amigo o sol, a súa sorte vai mudar.
Este libro reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: “Xa non teño medo”, “Can branco, can negro” e “¿Un cachiño de bica?”. Xan vive nunha cidade e ten medo cando se vai deitar; grazas a unha chorumiña comprobará que no ceo sae a lúa e florece o sosego na terra escura. Nicolau é un canciño que foi recibido por todos con aloumiños e festas, mentres que Correcamiños naceu na beiravía da estrada; ambos os dous un bo día xuntaranse nun arrabalde perdido e unirán para sempre o seu destino. Iván coida a Nica, unha cadela ben xeitosa, á que moito lle gosta os cachiños de bica.
A cadeliña Alma narra en versos fermosos a súa volta a casa na compaña dun pardal.
Alma, unha cadeliña bonita regresa triste ao seu fogar porque os nenos non xogan con ela. Pérdese na noite e durme lonxe da casa. Ao mencer acorda soa e reemprende o camiño de volta, preguntándose se ao chegar onda a súa familia recibirá un tirón de orellas.
Por culpa do fachendoso galo Don Pío, as galiñas e os paxariños son as únicas criaturas que non podem vivir en liberdade na aldea.
A envexa e ambición que sinte son tan grandes que o levarán á soidade máis absoluta.
A festa no faiado é un conto infantil escrito por María Victoria Moreno no que se nos conta a historia dunha boneca, Uxía, que foi abandonada no faiado cando a súa dona se fixo maior.
MAR ADIANTE
'Mar adiante': a primeira obra de María Victoria Moreno en galego revive 45 anos despois, tamén en internet.
FUXAN OS VENTOS - LUAR DE PRATA
Fuxan os Ventos regresa. Co gallo do Día das Letras Galegas, o emblemático e histórico grupo de folk galego musica o poema Lúa de Prata, de María Victoria Moreno.
ANAGNÓRISE E GUEDELLAS DE SEDA E LIÑO
Unha novela chea de contrates, na que a nobre delicadeza do ambiente pacego habitado polos seus protagonistas contrasta vivamente coa ruindade sempre ao axexo dalgúns personaxes que por alí roldan. Esta novela prescinde das convencións máis rutineiras da narrativa xuvenil e convídanos a compartir un mundo complexo, unhas veces radiante e outras veces noxento, que ten no amor a súa última e verdadeira xustificación.
LEONARDO E OS FONTANEIROS
Antón e o seu can Leonardo protagonizan unha historia para todas as idades.
É unha narración que se publicou por primeira vez no ano 1986 e que desde entón se convertiu nun dos libros máis buscados por pequenos e grandes, pois aínda que foi escrito pensando en lectores de doce anos, ó final, como sucede con toda literatura de calidade, acabou sendo unha obra para todos.
Conta as historias que lle suceden a Antón e mais a Leonardo. O primeiro é un neno que se chama Antón Andrade Asorei e que cursa oitavo. O segundo, a pesar do nome, non é un rapaz, senón un can; polo tanto carece de apelidos. Ó longo do libro suceden moitas cousas, tanto a Antón como a Leonardo. Quen as conta é Antón. E sabe contalas moi ben.
Lecturas realizadas por Argalleir@s das letras co fin de lembrar a figura da autora.
SE BUSCAS ALGO DE INFORMACIÓN
Nestes enlaces tedes información sobre o día das Letras Galegas e @s homenaxead@s:
María Victoria Moreno no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura
As Letras do 2018 para María Victoria Moreno, a profesora que viaxou cara ao galego
ALGO DE HISTORIA
HOMENAXEADOS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)