Na aldea de Vilaxeada vive a señora Minia Senín, unha entrañabel velliña que devece polos aloumiños e agarimo das persoas que viven ao seu carón.
A señora Minia está tan triste que non pode parar de chorar, mais axudada polo seu amigo o sol, a súa sorte vai mudar.
Este libro reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: “Xa non teño medo”, “Can branco, can negro” e “¿Un cachiño de bica?”. Xan vive nunha cidade e ten medo cando se vai deitar; grazas a unha chorumiña comprobará que no ceo sae a lúa e florece o sosego na terra escura. Nicolau é un canciño que foi recibido por todos con aloumiños e festas, mentres que Correcamiños naceu na beiravía da estrada; ambos os dous un bo día xuntaranse nun arrabalde perdido e unirán para sempre o seu destino. Iván coida a Nica, unha cadela ben xeitosa, á que moito lle gosta os cachiños de bica.
A cadeliña Alma narra en versos fermosos a súa volta a casa na compaña dun pardal.
Alma, unha cadeliña bonita regresa triste ao seu fogar porque os nenos non xogan con ela. Pérdese na noite e durme lonxe da casa. Ao mencer acorda soa e reemprende o camiño de volta, preguntándose se ao chegar onda a súa familia recibirá un tirón de orellas.
Por culpa do fachendoso galo Don Pío, as galiñas e os paxariños son as únicas criaturas que non podem vivir en liberdade na aldea.
A envexa e ambición que sinte son tan grandes que o levarán á soidade máis absoluta.
A festa no faiado é un conto infantil escrito por María Victoria Moreno no que se nos conta a historia dunha boneca, Uxía, que foi abandonada no faiado cando a súa dona se fixo maior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario