MAR ADIANTE
'Mar adiante': a primeira obra de María Victoria Moreno en galego revive 45 anos despois, tamén en internet.
A edición conmemorativa de Mar Adiante publicada polo CCG inclú o facsímile do propio libro e, canda ela, un estudo sobre a propia obra, pero tamén "unha peza moi singular". Nela atópase o conto Crarisca escrito a máquina, ilustrado tamén por María Victoria Moreno para facerlle un agasallo a Sara Alonso Pimentel. "Gardei este texto como un tesouro, moi poucas persoas sabían que existía", explica a editora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario